Nova actualización de Moodle en Galego

Desde a Oficina de Software Libre, e desde o CIXUG, integrado polas tres universidades galegas, vimos de realizar unha das maiores contribucións á localización de Moodle ao noso idioma.

Durante o pasado mes de agosto, foron enviadas un total de 14.753 cadeas (máis de 21.000 palabras) á versión estable de Moodle, a 2.9.1. Con esta nova achega de cadeas, conseguimos aumentar a porcentaxe dun 77% a un total dun 86%. ...

PSPP e R-Commander en galego

A Oficina de Software Libre dentro das actividades que realizou este ano presentou nas VI Xornadas de R a tradución ao galego de dous dos aplicativos especializados na análise e representación estatísticas. Trátase da tradución ao galego das interface de R-Commander (Rcmdr) e de PSPP.

Rcmdr A interface de R dispoñible en Ubuntu utiliza unha versión anterior de R-Commander polo que se tivo coidado de que a tradución fose tamén retrocompatíbel a versións anteriores. ...