Obradoiro de instalación de GNU/Linux na Facultade de Física

O próximo 21 de outubro, terá lugar un obradoiro de instalación de GNU/Linux na Aula de Informática de acceso libre da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela. ...

Presentación de RCommander para estudantes da EDI

O próximo mércores, 14 de outubro, terá un lugar un acto de presentación do software estatístico R para estudantes da Escola de Doutoramento Internacional. ...

XI Xornada de introdución a GNU/Linux e ao Software Libre

Un ano máis, e xunto aos membros de GPUL, vai ter lugar a XI Xornada de Introdución a GNU/Linux e Software Libre. Este obradoiro práctico ten lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, e vai dirixida a alumnos/as de primeiro ...

Nova actualización de Moodle en Galego

Desde a Oficina de Software Libre, e desde o CIXUG, integrado polas tres universidades galegas, vimos de realizar unha das maiores contribucións á localización de Moodle ao noso idioma.

Durante o pasado mes de agosto, foron enviadas un total de 14.753 cadeas (máis de 21.000 palabras) á versión estable de Moodle, a 2.9.1. Con esta nova achega de cadeas, conseguimos aumentar a porcentaxe dun 77% a un total dun 86%. ...