A NORMAL da UDC acolle o aRtropocode #SUMMERLAB 2014

O espazo de intervención cultural, NORMAL, acollerá desde o 17 ao 21 de setembro unha nova edición do aRtropocode. Evento que está integrado dentro do circuíto SummerofLabs, que comezou no mes de xullo en Nantes e que concluirá en outubro en Casablanca.

A Oficina de Software Libre colabora no patrocinio deste evento, no que estarán presentes os gañadores da pasada edición do Premio ao mellor proxecto fin de carreira, Pablo Belay e Esperanza González. ...