02 de outubro de 2017

Axenda para o networking outubro 2017

As xornadas e eventos que se celebran na nosa contorna, constitúen unha valiosa fonte de oportunidades para o networking

Tanto se xa remataches os teus estudos e estás en proceso de procura de emprego como se acabas de comezar a túa carreira profesional ou estás intentando poñer en marcha un emprendemento, unha boa forma de entrar en contacto co teu ámbito ...

10 de outubro de 2016

Taller Reproducibilidade en ciencia con R. Da minaría de datos á publicación

Enmarcado dentro da programación das III Xornadas de Usuarios R en Galicia, a Oficina de Software Libre e a Facultade de Matemáticas organizan un Taller de: «Reproducibilidade en ciencia con R. Da minaría de datos á publicación» impartido por Miguel Branco.

O taller presentará conceptos avanzados, polo que, está orientado a usuarios experimentados no uso do paquete estatístico R O taller levarase a cabo o día 20 de outubro de 18:15-20:00:

Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Física da USC

Durante os próximos días 30 e 31 de outubro terá lugar un taller de instalación de GNU/Linux para estudantes da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.

A primeira sesión do día 30, de 18 a 20 horas, terá como obxectivo que os asistentes poidan coñecer as características principais dos programas licenciados baixo unha licenza libre, e cales son as vantaxes que supón isto para a súa formación. ...

Vreixo González Caneda, gañador da VII edición do «Premio ao mellor PFC con licenza libre»

Vreixo (centro) acompañado de Manuel Mosquera (esquerda), xerente do CIXUG, e Rafael R. Gaioso, coordinador da OSL. Vreixo González Caneda resultou gañador do «Premio ao mellor PFC con licenza libre» que se fallou o pasado venres 17 de outubro ...