A NORMAL da UDC acolle o aRtropocode #SUMMERLAB 2014

O espazo de intervención cultural, NORMAL, acollerá desde o 17 ao 21 de setembro unha nova edición do aRtropocode. Evento que está integrado dentro do circuíto SummerofLabs, que comezou no mes de xullo en Nantes e que concluirá en outubro en Casablanca.

A Oficina de Software Libre colabora no patrocinio deste evento, no que estarán presentes os gañadores da pasada edición do Premio ao mellor proxecto fin de carreira, Pablo Belay e Esperanza González. ...

A Escola de Doutoramento Internacional organiza un seminario de GNU/Linux

Os estudantes de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela son os destinatarios do seminario “Libera o teu ordenador“, impartido pola Oficina de Software Libre do CIXUG durante os días 18, 19 e 20 de xuño. ...

Seminario «Software Libre e licenciamento» no CDTIC

O mércores 11 de xuño a partir das 10.00 h terá lugar no CDTIC o seminario “Software Libre e licenciamento” que ten como obxectivo dar resposta ás principais preguntas ás que se enfronta quen se achega por primeira vez ao software libre, como ...

23 de abril de 2014

Novos obradoiros para coñecer as licenzas libres

O próximo luns, 28 de abril, as universidades de Vigo e Santiago de Compostela acollerán dous obradoiros co título “Libera o teu traballo cunha licenza libre“. ...

29 de novembro de 2013

xeoPesca, proxecto gañador do Premio ao mellor PFC con licenza libre

O gañador do premio, Pablo Belay Pablo Belay Fernández, desenvolvedor do proxecto xeoPesca, proclamouse gañador da VI edición do Premio ao mellor PFC con licenza libre, dotado con 1.500€. ...