PSPP e R-Commander en galego

A Oficina de Software Libre dentro das actividades que realizou este ano presentou nas VI Xornadas de R a tradución ao galego de dous dos aplicativos especializados na análise e representación estatísticas. Trátase da tradución ao galego das interface de R-Commander (Rcmdr) e de PSPP.

Rcmdr A interface de R dispoñible en Ubuntu utiliza unha versión anterior de R-Commander polo que se tivo coidado de que a tradución fose tamén retrocompatíbel a versións anteriores. ...

LibreOffice 4.3.3 «Fresh» e 427 «Still»

The Document Foundation anuncia LibreOffice 4.3.3 e LibreOffice 4.2.7

Berlín, 30 de outubro de 2014 – The Document Foundation anuncia LibreOffice 4.3.3, a terceira edición da familia LibreOffice 4.3 chamada “fresh”, e LibreOffice 4.2.7, a última edición menor de LibreOffice 4.2 da chamada familia “still”. ...

Taller de instalación de GNU/Linux na Facultade de Física da USC

Durante os próximos días 30 e 31 de outubro terá lugar un taller de instalación de GNU/Linux para estudantes da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela.

A primeira sesión do día 30, de 18 a 20 horas, terá como obxectivo que os asistentes poidan coñecer as características principais dos programas licenciados baixo unha licenza libre, e cales son as vantaxes que supón isto para a súa formación. ...

24 de outubro de 2014

Saíu a nova Ubuntu 14.10 (Utopic Unicorn)

Trátase da nova versión menor da máis popular e espallada das distribucións de GNU/Linux entre os usuarios de escritorio. Con ela, Ubuntu celebra o éxito acadado no seu décimo aniversario. ...

21 de outubro de 2014

VI Xornadas de Usuarios de R

Os próximos días 23 e 24 de outubro de 2014 celebraranse as VI Xornadas de Usuarios de R, que terán lugar no CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia), en Santiago de Compostela. ...