Breve historia

2011 - UDC instala a solución SUXI

Durante o transcurso do ano 2011, a Univesidade da Coruña instala un dous módulos da aplicación SUXI destinado a Xestión do Rexistro de Investigadores (SUXI/XC).

2010 - UVI instala a solución Xescampus

Durante o transcurso do ano 2010, a Universidade de Vigo instala a aplicación Xescampus nos seus tres campus da universidade:  Pontevedra, Ourense e Vigo.

2009 - UVI incorpórase ao CIXUG

O día 4 de maio do ano 2009, a Universidade de Vigo incorporase ao CIXUG como membro permanente e activo.

A Universidade de Vigo aporta ao CIXUG a propiedade e os desenvolvementos feitos na aplicación de Xestión de Investigación SUXI para o uso dos socios.

2007 - UDC instala a solución Xescampus

Durante o transcurso do ano 2007, a Universidade da Coruña instala a aplicación Xescampus nos seus dous campus:  Coruña e Ferrol.

2006 - Creación

O convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña culminou na constitución do consorcio para o desenvolvemento de aplicación de xestión universitaria. Foi asinado en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 2006 polas Universidades de Santiago de Compostela da Coruña, publicándose o 19 de abril no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 75).

A Universidade de Santiago de Compostela aporta ao CIXUG a propiedade e os desenvolvementos feitos da aplicación de Xestión Académica, Xescampus para o uso dos socios.

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié