gnu-linux   USC   R   cntg   libreoffice   xornadas   Premio PFC   portal programas   galpon   rcommander   Premio   ftp   amtega   etse   licenzas libres   Ubuntu   linux   fic   UdC   zaragoza  

Convocada a X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

O obxectivo do premio é a posta en valor do traballo que realizan os universitarios galegos promovendo o emprego e difusión do Software Libre.

Se o teu proxecto de fin de carreira, traballo de fin de grao ou traballo de fin de mestrado xira ao redor do Software Libre, inscribete na X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, patrocinado, entre outros ...

¿Estás preparada ou preparado para amosar o teu talento?

Pequenos detalles do noso perfil profesional poden marcar as diferencias entre xerar interese ou non, por iso cobra especial importancia o coidado da nosa identidade dixital e da nosa reputación online.

Na procura de emprego, Internet tamén está presente, non so a través dos diversos informes que relacionan os perfís mais demandados coas TIC, tamén nos procesos de procura, tanto pola banda dos candidatos e candidatas como pola banda das ...

¿Coñeces os principios dos datos abertos?

Mediante a combinación e tratamento dos datos abertos, pódense identificar tendencias, descubrir novos patróns ou facilitar a toma de decisións.

Os datos abertos son datos que poden ser utilizados, reutilizados e redistribuídos libremente por calquera persoa, en calquera momento e en calquera lugar, e que se atopan suxeitos, canto mais, ao requirimento de atribución de compartirse de ...

Exames certificación LPIC-1

Próximos mércores e xoves nas instalacións do CNTG, en Santiago de Compostela

Os próximos días 19 e 20 de abril terán lugar, nas instalacións do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, e a través de CertiUni, os exames correspondentes á certificación LPIC - 1, na que asistirán os Técnicos e Técnicas de soporte [TEI] das ...

Comezan os preparativos para a edición de 2017 do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral

Un ano máis será xestionado como título propio da Universidade da Coruña, contando co cofinanciamento do CIXUG, a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

Desde o CIXUG estamos xa a preparar unha nova edición, que será a cuarta, do curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, adaptando e actualizando os obxectivos, contidos, materiais e actividades ao novo contexto do mercado ...