Obxectivos Extratéxicos

Dentro dos obxectivos extratéxicos do CIXUG encontranse:

  1. Xestión dos recursos financeiros e eficiencias

    • Xestión eficiente dos recursos financieros
    • Desenvolvementos que teñan en conta o principio dunha única aplicación para todos os membros de CIXUG coa posibilidade de personalizar pequenas adaptacións as necesidades propias de cada unha das universidades
  2. Procesos homologados

    • Aplicacións deseñadas logo de revisar, negociar e acordar procesos homologados, que incorporen as mellores prácticas identificadas, entre as universidades que conforman o CIXUG
  3. Aplicacións

    • Aplicacións que incorporen tecnoloxías punta aos seus desenvolvementos
    • Aplicacións deseñadas para cubrir os requirimentos funcionais dos usuarios aos que vai destinada
  4. Información unificada

    • Estruturas de datos comúns entre os membros de CIXUG que permitan a integración de procesos interuniversitarios, así como a capacidade de consolidación de información entre os membros de CIXUG que permita a entrega de informes completamente integrados ás administracións públicas que así o requiran
  5. Administración Electrónica

    • Incorporar os conceptos de Administración Electrónica aos cambios estratéxicos que sufrirá o modelo de prestación de servizos universitario
  6. Administracións Públicas

    • Incorporar ás administracións públicas relacionadas coa actividade universitaria aos procesos, produtos e servizos electrónicos requiridos como usuarios e/ou provedores de información dos membros do CIXUG
  7. Liderado na Xestión Universitaria

    • Conseguir unha posición de liderado no ámbito español, europeo e iberoamericano no referente ao desenvolvemento de aplicacións informáticas para o apoio á xestión universitaria
  8. Eficacia e eficiencia

    • Potenciar mediante o deseño, desenvolvemento e a evolución de ferramentas tecnolóxicas, a eficacia e eficiencia na xestión universitaria
  9. Plataforma Integral

    • Desenvolver unha plataforma integral para a xestión da universidade ao redor dos grandes ámbitos de xestión universitaria:
      • Xestión académica
      • Xestión de persoal
      • Xestión económica
      • Xestión da investigación
  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié