Curso Ponte Posgrao Especialización Orientación Laboral. Ed. 2016

Neste ano 2016, o Consorcio CIXUG, co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria (a través do Plan Anual de Política de Emprego para o ano 2016) e do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, pon en marcha a través da Universidade da Coruña unha nova edición do Curso de Posgrao Universitario de Especialización en Orientación Laboral como título propio.

Cofinancian

Este curso dá dereito á obtención do titulo de Especialista Universitario en Orientación Laboral e é único en España polas súas características, xa que reúne de xeito integral nun único curso de posgrao de carácter práctico e especializado as mellores prácticas no ámbito da orientación laboral, xunto coas competencias e as ferramentas tecnolóxicas necesarias para permitir ao persoal dedicado á orientación laboral aplicalas no seu día a día con garantías de máxima utilidade.

Agora, para facilitar o acceso a esta titulación por parte de aquelas persoas que no seu día realizaron algunha das edición do Curso Avanzado "A Orientación Laboral para o Fomento do Emprego e a Competitividade Local en Galicia", ponse en marcha este curso ponte coa finalidade de completar os coñecementos e a adquisición de competencias requiridas para que o alumnado destes cursos avanzados poida completar o programa formativo previsto no curso de posgrao.

Para saber máis:  

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié