CONTIDOS DO CURSO PONTE

O Curso Ponte para a obtención do título de Especialista Universitario en Orientación Laboral consta de 12 créditos ECTS, dentro dos que se contemplan 54 horas de formación presencial, a desenvolver en xornadas de venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h) no Centro de Novas Tecnoloxías Galicia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, emprazado en Santiago de Compostela.

A formación complétase sumando ás sesións presenciais a formación a distancia, as actividades avaliativas, de repaso e o traballo persoal do alumnado ata totalizar as 300 horas que conforman o curso ponte.

As sesións presenciais servirán para afianzar os conceptos máis importantes, resolver dúbidas e incidir de xeito práctico nos coñecementos adquiridos, rematando cada bloque cunha proba obxectiva de avaliación para determinar o nivel de aproveitamento por parte de cada persoa participante

Os contidos a distancia desenvolveranse sobre a plataforma Moodle do CIXUG, polo que as persoas asistentes deberán dispoñer dos equipos e medios técnicos necesarios (ver apartado REQUISITOS TÉCNICOS PARA O SEGUIMENTO DO CURSO PONTE).

O programa do curso está composto polos seguintes módulos de contidos:

MÓDULO 1: MARCO CONCEPTUAL

Tema 1: Actualización da análise do mercado laboral

Tema 2: A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral

Tema 3: Actualización do marco de referencia da orientación laboral

MÓDULO 2: MARCO PERSOAL

Tema 4: A orientación laboral e as competencias

Tema 5: A web 2.0 para a orientación laboral

Tema 6: Competencias dixitais para a orientación laboral

MÓDULO 3: MARCO INSTRUMENTAL

Tema 7: Análise de perfis profesionais e prospección de emprego

Tema 8: Técnicas e ferramentas para o acceso ao autoemprego

Tema 9: A elaboración do plan de empresa

MÓDULO 4: TRABALLO FINAL

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié