Clausura da edición 2016 do Posgrao de Especialización en Orientación Laboral

 

O día 12 de novembro de 2015 tivo lugar a cerimonia de clausura da edición 2015 do curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, titulación propia da Universidade da Coruña que é coordinada desde o CIXUG e que contou un ano máis co cofinanciamento da Consellería de Traballo e Benestar e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Nesta edición de 2015, que se celebrou entre os meses de xuño e novembro, deuse por primeira vez a posibilidade de realizar un curso ponte para todas aquelas persoas que tiñan participado con éxito nalgunha das edicións do Curso Avanzado "A Orientación Laboral para o Fomento de Emprego e a Mellora da Competitividade Local", organizado polo CIXUG nos anos 2012 e 2013.

O curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral desenvólvese en modo blended learning, combinando sesións presenciais no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia coa teleformación na aula virtual do CIXUG.

Este curso, á marxe de profundar en técnicas avanzadas para realizar procesos de orientación laboral tanto a nivel individual como grupal, ten un importante contido TIC, explorando a súa aplicación no ámbito profesional tanto desde a perspectiva da adquisición e actualización de recursos e competencias para o persoal o0rientador, como para apoiar os procesos de procura de emprego e a autonomía das persoas orientadas de xeito coherente cos seus perfís.

Aínda tendo en conta o elevado nivel de esixencia en relación ás tarefas e contidos avaliativos do curso, nesta edición o índice de persoas aprobadas superou o 98%.

Máis información: Área de formación

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié