CONDICIÓNS PARA O APROVEITAMENTO DO CURSO

Para superar o curso requírese:

  • Completar a asistencia a cando menos o 80% das sesións presenciais
  • Visualizar e traballar os contidos dos temas sobre a plataforma Moodle
  • Realizar todas as actividades individuais e grupais propostas e o proxecto final, acadando unha nota global en cada un destes apartados igual ou superior a 5 sobre 10
  • Realizar todos os test e exames previstos no curso, acadando unha cualificación global neste apartado igual ou superior a 5 puntos sobre 10
  • Participar activamente no curso

Para verificar o cumprimento do requisito de asistencia, en todas as sesións presenciais se realizará un control de entrada e saída en cada unha delas mediante unha folla de sinaturas no que se rexistrará a entrada e a saída de cada alumno. A folla de sinaturas correspondente estará dispoñible nun intervalo de 15 minutos da hora de inicio da sesión, e a de saída desde o momento en que a persoa que desenvolva a sesión presencial a dea por finalizada.

Ademais de cumprir os requisitos anteriores, a persoa participante haberá de conseguir unha avaliación de apto nas actividades avaliativas do curso, de acordo á seguinte ponderación:

ACTIVIDADE AVALIATIVA

PONDERACIÓN

PORCENTAXE POR MODALIDADE

Probas obxectivas dos módulos

30% da nota final

40% da nota final

Participación activa e seguimento do curso

10% da nota final

Actividades a distancia (individuais e grupais)

10% da nota final

30% da nota final

Competencia dixital (artefactos, perfís profesionais...)

20% da nota final

Traballos finais (individual e grupal)

30% da nota final 30% da nota final

 

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié