CONTIDOS DA FORMACIÓN

O Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral consta de 26 créditos ECTS, dentro dos que se contemplan 94,5 horas de formación presencial, a desenvolver en xornadas de venres pola tarde (16.00 h a 20.30 h) e sábado pola mañá (9.30 h a 14.00 h) no Centro de Novas Tecnoloxías Galicia dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, emprazado en Santiago de Compostela.

A formación complétase sumando ás sesións presenciais a formación a distancia, as actividades avaliativas, de repaso e o traballo persoal do alumnado ata totalizar as 650 horas que conforman o curso superior.

As sesións presenciais servirán para afianzar os conceptos máis importantes, resolver dúbidas e incidir de xeito práctico nos coñecementos adquiridos, rematando cada bloque cunha proba obxectiva de avaliación para determinar o nivel de aproveitamento por parte de cada persoa participante

Os contidos a distancia desenvolveranse sobre a plataforma Moodle do CIXUG, polo que as persoas asistentes deberán dispoñer dos equipos e medios técnicos necesarios (ver apartado REQUISITOS TÉCNICOS PARA O SEGUIMENTO DO CURSO).

O programa do curso está composto polos seguintes módulos de contidos:

MÓDULO 1: MARCO CONCEPTUAL

Tema 1: Marco de referencia da orientación laboral

Tema 2: Mercado laboral

Tema 3: Certificación e formación profesional

Tema 4: A política social e de emprego na Unión Europea

Tema 5: A iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral

MÓDULO 2: MARCO PERSOAL

Tema 6: A orientación laboral e as competencias

Tema 7: Desenvolvemento de competencias comunicativas

Tema 8: Habilidades e competencias sociais

Tema 9: A web 2.0 para a orientación laboral

Tema 10: Competencias dixitais para a orientación laboral

MÓDULO 3: MARCO INSTRUMENTAL

Tema 11: O traballo do orientador laboral I: intermediación laboral

Tema 12: O traballo do orientador laboral II: itinerarios de inserción

Tema 13: O traballo do orientador laboral III: procesos individuais de orientación e axuda na Tema de decisións

Tema 14: O traballo do orientador laboral IV: análise de perfis profesionais e prospección de emprego

Tema 15: O traballo do orientador laboral V: técnicas e ferramentas para o acceso ao autoemprego

Tema 16: O traballo do orientador laboral VI: A elaboración do plan de empresa

MÓDULO 4: PROXECTO FINAL

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié