A QUEN VAI DESTINADO?

Ao tratarse dun curso universitario de posgrao, é requisito imprescindible que as persoas que desexen participar no mesmo conten con titulación universitaria obtida, recoñecida ou homologada en España, no momento de finalización do posgrao.

Ademais da titulación universitaria, este curso está dirixido a persoas empadroadas en Galicia dende hai dous anos cando menos, que teñan como obxectivo profesional desenvolver a súa actividade no eido da orientación laboral e no apoio ás persoas que procuran emprego, e que se atopen nalgún dos seguintes grupos:

  • Persoas que na actualidade se veñen dedicando a actividades de orientación laboral
  • Axentes de desenvolvemento local
  • Técnicos de emprego
  • Traballadoras e traballadores sociais
  • Persoal de organismos públicos e privados que están a relacionarse coa poboación demandante de emprego
  • Calquera outra persoa que desexe adquirir novos coñecementos no ámbito da orientación laboral

Igualmente, conforme ao artigo 8 do regulamento de estudos propios de posgrao da UDC, poderán acceder ao curso as persoas que teñan superados os créditos do primeiro ciclo das actuais titulacións de dous ciclos.

(*) Nota importante: O persoal que na actualidade estea a desempeñar labores de orientación ao amparo da ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, debe indicalo á Secretaría Técnica do curso ao formalizar a súa matrícula, para que poida coordinar cos servizos técnicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria a xestión da súa axenda dos venres nos que haxa sesións presenciais durante o tempo que dure o curso, como axuda adicional para acadar o máximo aproveitamento do mesmo. 

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié