Requisitos de matrícula

 

PRORROGADO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Debido á premura dos prazos establecidos, tense acordado prorrogar preinscrición no curso cando menos ata o venres día 8 de xullo de 2016 ás 20.00 horas. As solicitudes realizaranse unicamente a través da plataforma on line de matrícula do CIXUG, cubrindo o formulario electrónico que estará dispoñible no enlace que figura a continuación:

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 

O curso dispón dun máximo de 80 prazas que, no caso de seren requirido, asignaranse por expediente académico. Finalizado o prazo de preinscrición, publicarase aos seguinte día a lista final de persoas admitidas nesta mesma páxina, aínda que cada persoa admitida recibirá unha mensaxe individualizada no enderezo electrónico indicado na súa solicitude. Para completar a preinscrición, ademais de cubrir os campos requiridos para a matrícula deberá achegar na conta de correo pol@cixug.es copia en soporte informático da seguinte documentación:

  • Documento de identidade
  • Certificado/volante de empadroamento vixente (menos de 6 meses de antigüidade)
  • Título universitario/certificado de expedición do título
  • Copia simple do expediente académico

As copias desta documentación deben ser polas dúas caras, claras, lexibles e completas, de xeito que inclúan todo o documento.

Tras recibir a confirmación da matrícula, disporá de tres días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (250,00 euros) e remitir unha copia do modo que se lle indicará no correo electrónico de confirmación. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, perderá o dereito á reserva de praza.

 

NOTA 1: o prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.

NOTA 2: as titulacións que requiran de convalidación en España non serán admisibles se non se acredita esta homologación.

NOTA 3: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.

NOTA 4: é imprescindible estar en posesión do título universitario no momento de finalizar o curso de especialización para poder obter a titulación.

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié