PROFESORADO DO CURSO

Entre o conxunto do profesorado que vai a tomar parte dentro do desenvolvemento pedagóxico e didáctico do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, a continuación se presenta unha reseña dos principais membros do equipo docente:

FERNANDO AGULLÓ LEAL [DIRECTOR ACADÉMICO DO CURSO, ESPECIALISTA EN EMPRENDEMENTO]

Fernando Agulló Leal é Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade da Coruña, cun Mestrado en Creación de Empresas pola Universidade da Coruña, Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais e Project Manager por Project Management Institute - Método.

A súa experiencia profesional non se centrou exclusivamente no docencia, xa que tamén exerceu como economista ou técnico superior na Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia ata a súa incorporación como persoal docente e investigador á Universidade da Coruña, así como articulista colaborador de La Voz de Galicia no suplemento Mercados. Tamén foi Director Da Cátedra Jorge Juan.

Actualmente, ademais exercer como Director Académico do Curso de Posgrao de Especialización en Orientación Laboral, é responsable da docencia impartida na Universidade da Coruña nas materias:

  • "Iniciativa Emprendedora" no Mestrado de Xestión e Dirección Laboral
  • "Introdución á Economía" no Grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos
  • "Economía e Empresa" no Grao de Relacións Laborais e Recursos Humanos
  • "Creación e Dirección de Empresas" no Grao de Ciencias do Deporte e da Educación Física
  • Traballos de Fin de Grao (TFG) e Traballos de Fin de Mestrado (TFM)

Podes coñecelo en about.me e en Linkedin

 

Mª TERESA DEUS TRASOBARES [TITORA, ESPECIALISTA EN ORIENTACIÓN LABORAL]

Licenciada en Ciencias do Traballo, Mayte Deus Trasobares e presidenta de "Inprega, S. Coop. Galega", na que tamén traballa como consultora senior.

Ten, entre outros, un  Mestrado Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacherelato, Formación Profesional e Ensinos de Idiomas.

A súa traxectoria laboral desenvólvese sempre ligada ao mercado de traballo e ao emprego. Durante nove anos prestou servizos no INEM e, máis adiante, nos Concellos da Coruña e Ferrol, pasando despois a realizar traballos de asistencia técnica e consultoría para distintos organismos públicos.

Tamén podes coñecela en Linkedin.

 

CARLOS PARADA GANDOS [TITOR, ESPECIALISTA EN TIC E REDES SOCIAIS]

Carlos Parada é Diplomado en Informática e posúe un Posgrao de Experto Profesional en e-Learning 2.0. Gran parte da súa experiencia profesional estivo centrada na xestión técnica de plans de formación e o diseño de plans formativos, avaliacións e metodoloxías de accións formativas relacionadas co ámbito TIC e na coordinación técnica e pedagóxica de proxectos de incorporación de tecnoloxías no ámbito da formación.

Actualmente colabora como consultor senior e formador con distintas entidades de ámbito público e privado, nas especialidades de:

  • Contornos virtuais de aprendizaxe (e-learning)
  • Identidade dixital
  • Formación do profesorado
  • Dinamización de comunidades de práctica
  • Apoio ao emprendemento

Tuitea como @carpaga. Podes coñecelo en about.me e en Linkedin.

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié