A QUEN VAI DESTINADO O CURSO PONTE?

Este curso ponte vai destinado ás persoas que superaron satisfactoriamente e con aproveitamento algunha das edicións do Curso Avanzado "A Orientación Laboral para o Fomento do Emprego e a Competitividade Local en Galicia", organizado polo CIXUG en colaboración coa por entón Consellería de Traballo e Benestar e contando co cofinanciamento do FSE, en calquera das súas edicións.

Nota importante: O persoal que na actualidade estea a desempeñar labores de orientación ao amparo da ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016, debe indicalo á Secretaría Técnica do curso ao inicio deste, para que poida coordinar cos servizos técnicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria a xestión da súa axenda dos venres nos que haxa sesións presenciais durante o tempo que dure o curso, como axuda adicional para acadar o máximo aproveitamento do mesmo. 

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié