REQUISITOS DE MATRÍCULA NO CURSO PONTE

 

PRORROGADO O PRAZO DE INSCRICIÓN

Debido á premura dos prazos establecidos, tense acordado prorrogar preinscrición no curso cando menos ata o venres día 8 de xullo de 2016 ás 20.00 horas. As solicitudes realizaranse unicamente a través da plataforma on line de matrícula do CIXUG, cubrindo o formulario electrónico que estará dispoñible no enlace que figura a continuación. Lembrar que unicamente poderán matricularse no curso ponte as persoas que teñan superado con éxito algunha das edicións do Curso Avanzado "A Orientación Laboral para o Fomento do Emprego e a mellora da Competitividade Local en Galicia", organizado polo CIXUG en colaboración coa por entón Consellería de Traballo e Benestar e Cofinanciado polo FSE.

 

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

 

O curso dispón dun máximo de 40 prazas que, no caso de seren requirido, asignaranse por rigurosa orde de preinscrición (ao completar o envío do formulario recibirá unha mensaxe no enderezo de correo indicado no que figura o seu número, asignado automaticamente). O CIXUG verificará para cada persoa solicitante a súa condición de ter superado algunhas das edicións do Curso Avanzado que da dereito a participar no curso ponte, excluíndo a aquelas nas que esta condición non se acredite. Finalizado o prazo de preinscrición, publicarase nos seguintes días a lista final de persoas admitidas e a lista de agarda nesta mesma web, xa que a matrícula non se completará en tanto non se realice o pagamento da matrícula.

Ademais de cubrir os campos requiridos no formulario, para a matrícula deberá achegar na conta de correo pol@cixug.es copia actualizada en soporte informático da seguinte documentación:

  • Documento de identidade
  • Certificado/volante de empadroamento actualizado e vixente (menos de 6 meses de antigüidade)
  • Título universitario/certificado de expedición do título

NOTA: resulta imprescindible presentar de novo esta documentación debido aos requisitos de xestión da titulación por parte da UDC. As copias desta documentación deben ser polas dúas caras, claras, lexibles e completas, de xeito que inclúan todo o documento.

Tras recibir a confirmación da preinscrición, disporá de tres días hábiles para realizar o ingreso do prezo da matrícula (150,00 euros) e remitir unha copia do modo que se lle indicará no correo electrónico de confirmación. Se transcorrido este prazo non fixese efectivo o pago, perderá o dereito á reserva de praza e esta pasará á seguinte persoa da lista de agarda.

NOTA 1: o prezo da matrícula encóntrase subvencionado polo cofinanciamento realizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social, polo que non se aplicarán descontos adicionais sobre este importe.

NOTA 2: esta documentación poderá serlle solicitada en orixinal a efectos de verificación, en calquera momento ao longo da duración do curso, ou con posterioridades como parte do proceso de auditoría ao que poida ser sometido por parte das entidades financiadoras.

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié