OBXECTIVOS DO CURSO PONTE PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE ESPECIALISTA EN ORIENTACIÓN LABORAL

O obxectivo fundamental do curso ponte é o de posibilitar o acceso das persoas que teñen realizado o Curso Avanzado "A Orientación Laboral para o Fomento do Emprego e a Competitividade local en Galicia" ao título de Especialista en Orientación Laboral mediante a adquisición das competencias adicionais requiridas a partires do programa do curso avanzado, dun xeito máis eficiente e pudendo así continuar completando os seus coñecementos e competencias profesionais e persoais cara a unha mellor atención á poboación demandante dos seus servizos.

Ademais deste, tamén son obxectivos deste curso os seguintes:

  • Integrar nun proceso de formación os criterios e principios básicos esenciais que a Consellería de Economía, Emprego e Industria desexa transmitir a calquera técnica/o que estea a interactuar coas persoas demandantes de emprego.
  • Axudar a actualizar e a renovar os coñecementos técnicos no ámbito da interacción coas persoas demandantes de emprego, na busca de mellorar a súa empregabilidade e ocupabilidade.
  • E abrir a vía de desenvolvemento profesional vinculada á orientación laboral para todas aquelas persoas que, independentemente da situación laboral na que se encontren, poidan adquirir uns coñecementos esenciais para poder facer fronte a dito desenvolvemento profesional.

Por este motivo, tanto a formación como os seus contidos e os métodos didácticos se teñen deseñado dun xeito eminentemente práctico, requirindo de interacción constante entre as persoas participantes e mediante o uso de diferentes canles e ferramentas tecnolóxicas que deberán aplicar con posterioridade no seu entorno real de traballo; e estes contidos se teñen desenvolvido de xeito específico para esta formación por persoal experto, que será ademais o que participe no desenvolvemento do curso tanto na parte presencial como nos contidos de eLearning.

  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié