Competencias

Son competencias do Consello de Goberno:

  1. Programa xeral de actividades

    • A aprobación do programa xeral de actividades
  2. Orzamento ordinario

    • A aprobación e liquidación do orzamento ordinario
  3. Programas de investimento

    • A aprobación de programas de investimento
  4. Bens mobles e inmobles

    • A adquisición de bens mobles e inmobles destinados ao cumprimento do obxecto do consorcio
  5. Convenios

    • A aprobación de cantos convenios sexan precisos para o cumprimento dos seus fins
  6. Achegas do sector público

    • O artellamento de programas que reciban achegas do sector público comunitario, estatal, autonómico ou local, e dos sectores privados, universitarios ou organizacións internacionais
  7. Contratos

    • A aprobación e adxudicación de cantos contratos sexan precisos para o cumprimento dos seus fins
  8. Gastos e pagamentos

    • A autorización e disposición de gastos e pagamentos dentro dos límites orzamentarios, agás delegación expresa
  9. Incorporación ao Consorcio

    • A aprobación de incorporación ao Consorcio doutras universidades ou entidades públicas ou privadas, de acordo co previsto nestes estatutos
  10. Accións administrativas e xudiciais

    • A aprobación das accións administrativas e xudiciais
  11. Interpretar os estatutos

    • Interpretar os estatutos do Consorcio e establecer as normas de réxime interno e as complementarias que sexan precisas, de acordo coa lexislación vixente
  12. Modificación dos estatutos

    • Acordar a modificación dos estatutos, a separación de membros do Consorcio por incumprimento, ou a extinción do Consorcio
  13. Normas de réxime interno

    • A aprobación de normas de réxime interno do Consorcio
    • Calquera outra de índole xeral e análogas ás anteriores conforme a lexislación vixente
  14. Comisión executiva

    • Poderá nomearse unha comisión executiva de conformidade coas normas de réxime interno do consorcio á que se lle poderán delegar parte das funcións do Consello de Goberno, así como as decisións en materia de xestión ordinaria que afecten a totalidade das entidades consorciadas
  • Logo Xunta de Galicia
  • Logo Ministerio de Empleo y Seguridad Social
  • Logo Amtega
  • Logo Fundación Barrié