Nova actualización de Moodle en Galego

Desde a Oficina de Software Libre, e desde o CIXUG, integrado polas tres universidades galegas, vimos de realizar unha das maiores contribucións á localización de Moodle ao noso idioma.

Durante o pasado mes de agosto, foron enviadas un total de 14.753 cadeas (máis de 21.000 palabras) á versión estable de Moodle, a 2.9.1. Con esta nova achega de cadeas, conseguimos aumentar a porcentaxe dun 77% a un total dun 86%. ...

Publicado o curso “Análise estatística con RCommander”

A Oficina de software libre vén de anunciar que xa está dispoñible o curso “Análise estatística con RCommander“, ao cal pode accederse a través do Campus virtual do CIXUG, iniciando sesión coa conta do usuario convidado. ...