A Xunta aposta por un modelo de orientación laboral centrado nas TIC

O pasado venres día 1, comezou o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral.

Na sesión inaugural participou o Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes González, xa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia esta iniciativa formativa na que participan, nesta edición, 60 persoas ...

Aberto o prazo de inscrición do Posgrao Especialización en Orientación Laboral

dende o 5 ata o 24 de Xullo ---> ampliado prazo ata esgotar vacantes!!!

Xa está aberto o prazo de inscrición do Posgrao Especialización en Orientación Laboral que o Consorcio CIXUG, co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e do Ministerio de Empleo y Seguridad Social, pon en marcha a través das tres ...

Convocada a X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre

O obxectivo do premio é a posta en valor do traballo que realizan os universitarios galegos promovendo o emprego e difusión do Software Libre.

Se o teu proxecto de fin de carreira, traballo de fin de grao ou traballo de fin de mestrado xira ao redor do Software Libre, inscribete na X edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, patrocinado, entre outros ...

¿Estás preparada ou preparado para amosar o teu talento?

Pequenos detalles do noso perfil profesional poden marcar as diferencias entre xerar interese ou non, por iso cobra especial importancia o coidado da nosa identidade dixital e da nosa reputación online.

Na procura de emprego, Internet tamén está presente, non so a través dos diversos informes que relacionan os perfís mais demandados coas TIC, tamén nos procesos de procura, tanto pola banda dos candidatos e candidatas como pola banda das ...